I Aniversario do PACC

February 23, 2015
0 Comment

 

O domingo 8 de marzo no PACC estamos de aniversario e queremos celebralo con vós! Unha celebración non é tal sen os seus convidados e por iso temos preparado un estupendo programa de actividades para toda a familia; de maneira que todos, maiores e pequenos, desfrutedes deste día de festa. Poderedes visitar a área arqueolóxica acompañados de guías especializados, haberá exhibicións e obradoiros da man de José Aurelio Munúa (responsable de actividades das covas prehistóricas de Cantabria) co que faredes un percorrido pola Prehistoria a través dos elementos da vida cotiá, como o lume, a caza, as peles, os pigmentos e a vestimenta. Por suposto, a entrada e as actividades serán completamente gratuítas! Ademais, para os que queirades achegarvos a comer unha saborosa ración de polbo, o xantar estará amenizado pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Agardámosvos! Iso si, non vos esquezades de facer a vosa reserva (reservas@pacc.es ou 988 267 285) o antes posible, xa que algunhas actividades teñen aforo limitado. Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es.