SORPRESA!

Outubro 26, 2016
0 Comment

excavacion

A escena sucedeu o pasado venres, o escenario, o interior dunha estancia da área 50, unha estrutura na que xa estábamos preto do nivel do chan. E por elo que fumos dándolle a modo ao paletín na procura do pavimento, baixando pouco a pouco, moi atentos ás cores e a textura da terra.

E no medio de todo unha pedra traballada aínda que non tiña sentido. Que será? Ata que coa escavación dunha nova capa de terra a pedra, ao fin, movíase. Foi o momento de levantala, e de súpeto….un novo morteiro!….quen dixo que a arqueoloxía é aburrida?

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

foto-1

foto-2

foto-3