UN EQUIPO, UN OBXECTIVO

Outubro 28, 2016
0 Comment

excavacion

Hoxe non queremos falarvos sobre estruturas, os novos achados, as tarefas de laboratorio, os escolares ou a restauración…hoxe poñemos o foco nas persoas que traballan na actual campaña arqueolóxica. Moitas delas non se coñecían, pero co paso dos días, o esforzo, o traballo en equipo, a ilusión que produce ver como o choio avanza e saen á luz as novas vivendas desta parte do castro….o grupo converteuse nun equipo totalmente organizado.

Porque detrás dunha piqueta, un paletín, unha pala, unha estación, un caderno de campo, o volante do chimpín, un ordenador….. están as persoas, ligadas xa para sempre polas pedras e a terra chea de historia deste impoñente castro.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

jpg-montaje-equipo