PERSEIDAS 2019

Abril 11, 2019
0 Comment

PERSEIDAS 2019:

Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa! Devecemos por anunciarvos que o vindeiro sábado 10 de agosto celebramos a sexta edición da Noite das Perseidas, unha experiencia para descubrir e sentir a maxia de Lansbrica: unha cidade sen igual que de seguro vos conquistará.

Como novidade, este ano ampliamos as actividades a practicamente toda a xornada:

  • 12:00h – 21:00h LANSBRICA VIVE

Lansbrica, cidade galaica, volve á vida 2.000 anos despois.

Sairán visitas interpretativas, de maneira continua, á área arqueolóxica. Nelas teredes ocasión de interactuar con expertos en recreación histórica e contemplar escenas propias da vida cotiá no mundo galaico-romano.

  • Ás 20:00h TITIRICIRCUS: un exquisito espectáculo de Tanxarina Títeres con marionetas de fíos e actores que, en permanente xogo coa audiencia, fará as delicias de todos os públicos.
  • Ás 21:30h, aqueles que así o desexedes, poderedes desfrutar dunha experiencia única: Á LUZ DAS CANDEAS, unha cea temática no interior do emblemático castro de San Cibrao de Las.
  • A partir das 23:00h, comenzará A CIDÁ DAS ESTRELAS: un fascinante percorrido nocturno pola área arqueolóxica, unha oportunidade magnífica para coñecer a Cidá de Las dun xeito diferente.
  • Finalmente, a velada rematará coa MAXIA DE PERSEO (00:30h), actividade de observación e explicación do ceo nocturno a cargo da Asociación Astronómica de Ourense (AAO).

 

VIVE UNHA EXPERIENCIA ÚNICA E VIAXA NO TEMPO Á CIDADE GALAICA DE LANSBRICA!

Lembrade que é necesario reservar as actividades previamente, xa que o aforo é limitado.

Máis información, tarifas e reservas no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.