SEMANA SANTA 2017

Marzo 31, 2017
0 Comment

SEMANA SANTA 2017

Dende o xoves 13 ata o domingo 16 de abril, coincidindo cos días de festa da Semana Santa, os visitantes que decidades achegarvos ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa poderedes participar de forma gratuíta nas visitas guiadas ao castro de San Cibrao de Las. O horario de saída das diferentes visitas será o seguinte: 12:30h, 17:00h e 18:30h.

Ademais, tanto o sábado 15 como o domingo 16 de abril, teredes a oportunidade de desfrutar de diferentes exhibicións de arqueoloxía experimental e, como non, para os pequenos da casa haberá tamén unha programación especial. As exhibicións darán comezo ás 12:00h e ás 18:00h, mentres que as actividades infantís serán, ámbolos días, ás 16:00h.

Todas as actividades correrán a cargo de guías e monitores especializados, serán DE BALDE COA ENTRADA AO PARQUE e terán aforo limitado; polo que recomendamos reservar no 988 267 285 ou en reservas@pacc.

Lembrade que durante estes catro días ampliamos o noso horario de apertura. Esperámosvos de xoves a domingo, de 11.00h a 20.00h de forma continuada.