RESTAURACIÓN!

Outubro 17, 2016
0 Comment

RESTAURACIÓN!

excavacion

Un dos últimos achados é unha peza de ferro extraída fai uns días na área 51 da escavación,
tal como vedes na primeira imaxe. Cómpre ter en conta que un bo número de obxectos e
materiais non saen á luz coas mellores galas, éo que ten estar soterrados tantos anos, polo que é preciso a súa limpeza e restauración.

O día a día dunha intervención arqueolóxica destas características non só se centra no traballo de campo, senón que paralelamente se procesa e cataloga os materiais e a información no laboratorio. E aquí é onde entra en xogo o traballo de Miguel, o responsable do equipo de
Restauración, que na outra fotografía vémolo en acción debuxando a peza, unha piqueta de
ferro, despois da súa limpeza e estabilización.

Un obxecto recuperado máis desta campaña de escavación que se revela clave para
comprender algúns aspectos da vida cotiá dos habitantes do castro de San Cibrao de Las.

TERRA ARQUEOS

Facebook
Instagram
Youtube

primeira-imaxe-post

segunda-imagen-post