Tipos de visita

Individual

Visita libre: coa entrada ao Parque darémosche un folleto informativo co que poder visitar libremente tanto a exposición permanente do Centro de Interpretación como a área arqueolóxica, o castro. Para facer máis completa a túa visita podes adquirir unha guía de visita, que estará á túa disposición na tenda.

Visita guiada: de aproximadamente 70 min. de duración; con ela percorrerás o Castro de San Cibrao de Las acompañad@ de guías especializados, parando naqueles puntos de maior interese para a comprensión deste xacemento.

Horarios e martes a venres

Servizo de visitas guiadas baixo reserva previa no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.

Horarios de fins de semana

Ás 12:00h e ás 16:30h.

Grupos

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica ofrece diferentes modalidades de visita para grupos organizados (escolares, asociacións, turismo cultural, etc.). Para consulta e reserva de grupos debes poñerte en contacto connosco no teléfono de información e reservas (988 267 285) ou no correo reservas@pacc.es.