Normas e usos das instalacións
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa foi creado para uso e goce de todos. Conservar e protexer o castro de San Cibrao de Las garante a súa preservación para as xeracións futuras e debe ser una tarefa na que todos esteamos involucrados.
Lembra que:
No Centro de Interpretación e Documentación:
- Non está permitido tomar imaxes (fotográficas nin de vídeo)
- Os teléfonos móbiles permanecerán desconectados durante a visita
- Non está permitida a entrada de animais ao Centro de Interpretación, excepto cans-guía.
- Non está permitido consumir comida nin bebida no interior, agás nos lugares habilitados para tal fin
- Prégase que os vultos grandes (bolsos, paraugas, mochilas, cámaras de vídeo, etc.) se depositen nos armarios habilitados.
Na área arqueolóxica:
- Os castros están protexidos por lei e calquera dano sobre eles será sancionado
- Durante o percorrido utiliza só os camiños e as pasarelas habilitados para a visita
- Debes respectar a flora e a fauna existentes no Parque Arqueolóxico
- Non está permitido tirar lixo nin ningún outro obxecto que poida danar a contorna.
Buscar no sitio web
Próximos eventos
UNHA NOITE ENTRE AS ESTRELAS07 Mai 2018PERSEIDAS 2018: UNHA NOITE ENTRE AS ESTRELAS Temos o enorme pracer de anunciarvos que o sábado 11 de...
SEMANA SANTA 201822 Mar 2018SEMANA SANTA 2018 Dende o xoves 29 de marzo ata o domingo 1 de abril, coincidindo coa festividade da...
IV ANIVERSARIO DO PACC02 Mar 2018IV ANIVERSARIO DO PACC Estamos encantados de anunciarvos que o vindeiro sábado 10 de marzo celebramo...