O Castro
O conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las destaca pola gran superficie que ocupa, aproximadamente unhas 10 hectáreas, e polo seu bo estado de conservación. Está situado no cruce dos ríos Miño e Barbantiño, unha situación idónea que ofrece a vantaxe do amplo dominio visual sobre o territorio circundante.
Na súa morfoloxía xeral destaca a existencia de dous recintos amurallados: a “croa” ou recinto superior e o recinto inferior, de maior superficie e onde se sitúa a zona destinada ás vivendas dentro do xacemento. O poboado atópase rodeado dun forte sistema defensivo, formado por sólidas liñas de murallas, un foxo e parapetos.
É un castro representativo da etapa final da cultura castrexa, estivo habitado desde o s. II a.C. ata o s. II d.C., existindo ocupacións residuais durante os s. III e IV d.C. Visitalo permite facernos unha idea de como sería a vida hai 2000 anos no noroeste peninsular.
O Castro
Buscar no sitio web
Próximos eventos
UNHA NOITE ENTRE AS ESTRELAS07 Mai 2018PERSEIDAS 2018: UNHA NOITE ENTRE AS ESTRELAS Temos o enorme pracer de anunciarvos que o sábado 11 de...
SEMANA SANTA 201822 Mar 2018SEMANA SANTA 2018 Dende o xoves 29 de marzo ata o domingo 1 de abril, coincidindo coa festividade da...
IV ANIVERSARIO DO PACC02 Mar 2018IV ANIVERSARIO DO PACC Estamos encantados de anunciarvos que o vindeiro sábado 10 de marzo celebramo...