O Parque Arqueolóxico

A RGPA é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que ten como finalidade transmitir ás xeracións presentes e futuras un patrimonio ben conservado; fomentando, á súa vez, a consciencia da súa protección.
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa ofrece as claves que nos permiten descubrir a cultura castrexa en Galicia a través dos seus asentamentos: os castros. Ademais, alberga todos os servizos necesarios para a investigación e conservación do xacemento de San Cibrao de Las e, en especial, para a difusión do mesmo.

O Parque