Nadal 2014

Decembro 12, 2014
0 Comment

O Nadal aproxímase, chegou o tempo de comezar cos preparativos e de facer plans para pasar os días de festa que logo virán. Por iso no PACC temos unha interesante proposta que facervos para empezar con ganas estas datas.

O día 20 de Decembro, a partir das 11.00h e coa entrada ao Parque, os visitantes que se acheguen ao centro poderán desfrutar das actividades que temos preparadas de forma gratuíta. Na exposición estable toda a familia poderá asistir ás “explicacións exprés” nas que, ao longo de todo o día, monitores especializados achegarán o mundo castrexo a grandes e pequenos. Xa pola tarde, os máis pequenos poderán coñecer outras tradicións asociadas a esta época do ano e ao cambio de estación a través dun obradoiro nas aulas didácticas do Centro de Interpretación.

Existe tamén a posibilidade de realizar unha visita guiada ao castro, co prezo e horario habitual.

Por último, o día 2 de xaneiro achegarémonos ao Fogar Residencial de San Amaro, onde pasaremos unha xornada compartindo historias e intercambiando coñecemento, desde a cultura castrexa ata a historia máis recente da que os nosos maiores son os protagonistas.

Animámosvos a visitarnos e a desfrutar dun bocadiño de Nadal connosco. Máis información e reservas no 988 267 285 ou en info@pacc.es