Blog Escavacións 2016

RESTAURACIÓN!

Outubro 17, 2016
0 Comment

RESTAURACIÓN! Un dos últimos achados é unha peza de ferro extraída fai uns días na área 51 da escavación, tal como vedes na primeira imaxe. Cómpre ter en conta que un bo número de obxectos e materiais non saen á luz coas mellores galas, éo que ten estar soterrados tantos anos, polo que é preciso.. read more →

A PAISAXE QUE NOS ENVOLVE!

Outubro 13, 2016
0 Comment

A PAISAXE QUE NOS ENVOLVE! Moitos días lembramos a unha das nosas grandes figuras no estudo da prehistoria galega, Florentino López Cuevillas, que ficou tan namorado das intensas néboas ourensáns que comentaba con fina ironía que debíamos estar “unha miga orgullosos, pois sempre é bó ter algo que os demais non teñen”. Non temos moi.. read more →

UN DÍA NA “OFICINA”!

Outubro 11, 2016
0 Comment

UN DÍA NA “OFICINA”! Pasan os días e as piquetas continúan rascando a terra na procura da historia deste recuncho do castro. A moral do equipo vai alta, xa que toda a área da intervención está escavada e a capa superficial máis os infinitos derrubes de pedra vanse retirando pouco a pouco. É certo que.. read more →

ESCOLARES!

Outubro 10, 2016
0 Comment

ESCOLARES! Que veñen os escolares! Escoitouse de súpeto na escavación. E así foi, pois como podedes observar nas fotografías, a mañá do pasado xoves foi especial e intensa, xa que tivemos a visita da primeira excursión escolar. Rapaces e rapazas do Colexio Santo Angel de Ourense de terceiro da ESO divertíronse e gozaron como os.. read more →

UN NOVO AMARRADOIRO NO CASTRO!

Outubro 6, 2016
0 Comment

UN NOVO AMARRADOIRO NO CASTRO! É moi frecuente que os traballadores do equipo das aldeas veciñas falen na escavación de mouros, mouras ou…trabes!. Fálannos dunhas galerías que construíron os mouros e que comunican o pozo oeste do castro con o monte de San Trocado. Serían unha chea de túneles, un deles cunha trabe de ouro.. read more →

AS PRIMEIRAS ESTRUTURAS!

Outubro 3, 2016
0 Comment

AS PRIMEIRAS ESTRUTURAS! A intervención comeza a dar os seus primeiros froitos. Unha vez retirada a cuberta vexetal comezan a apreciarse entre o derrubo toda unha serie de estruturas en plantana zona escavada. Cantas ai? Foi a pregunta máis repetida entre o equipo durante bastante tempo, pois mentres que alguén trataba de contalas ou adiviñalas,.. read more →

RETÓMASE A INVESTIGACIÓN ARQUEOLOXICA EN SAN CIBRAO DE LAS!

Setembro 29, 2016
0 Comment

RETÓMASE A INVESTIGACIÓN ARQUEOLOXICA EN SAN CIBRAO DE LAS! Case cen anos despois das primeiras escavacións sistemáticas no xacemento de San Cibrao de Las, o castro segue hoxe a ser un punto de referencia obrigado nos estudos sobre a Idade do Ferro e o período galaico-romano do Noroeste da Península Ibérica. A historia das investigacións.. read more →