Blog

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa deséxavos Bo Nadal e Próspero Aninovo

Decembro 23, 2014
0 Comment

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa abriu as súas portas ao público o pasado 8 de marzo e, dende aquela, moitos fostes os que nos visitastes. Por este motivo, e aínda que habitualmente aproveitamos o blog para contarvos cousas sobre a cultura castrexa, desta vez queremos empregalo para facer balance dos meses que compartimos convosco… read more →

Nadal 2014

Decembro 12, 2014
0 Comment

O Nadal aproxímase, chegou o tempo de comezar cos preparativos e de facer plans para pasar os días de festa que logo virán. Por iso no PACC temos unha interesante proposta que facervos para empezar con ganas estas datas. O día 20 de Decembro, a partir das 11.00h e coa entrada ao Parque, os visitantes.. read more →

Guerreiros en pedra: símbolos imperecedoiros da cultura castrexa

Decembro 10, 2014
0 Comment

Apreciar unha escultura, sexa cal sexa o seu estilo, non implica necesariamente ter coñecementos sobre técnicas, volumes ou acabados; senón a capacidade de sentir e de entender que estamos ante unha forma de expresión de persoas que viviron nun momento e nun lugar determinado. Así, cando observamos a figura dun guerreiro castrexo, non debemos quedarnos.. read more →

A actividade téxtil na cultura castrexa: panos e pezas de vestir

Decembro 10, 2014
0 Comment

Ao pasear entre as vivendas de San Cibrao de Las nun día frío e húmido, como os desta semana que pasou, a miúdo tentamos imaxinar como se desenvolvería o día a día dunha familia castrexa nos rigores do inverno e dá a sensación de que esta época do ano sería, cando menos, pouco confortable. As.. read more →

Visitas guiadas gratis

Decembro 1, 2014
0 Comment

  Coa entrada ao Parque os visitantes poderán visitar o Castro de San Cibrao de Las en compañía de guías especializados. É recomendable reservar previamente xa que o aforo é limitado. Máis información no 988 267 285. read more →

É tempo de magosto, é tempo de castañas no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

Novembro 13, 2014
0 Comment

Chegou o recendo das castañas asadas, das xuntanzas ao redor das fogueiras e do viño novo. Xa entramos de cheo nos magostos e é que, como ben di o refrán, “castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño”. Na contorna de San Cibrao de Las, fermosos camiños de castiñeiros e carballos lémbrannos que.. read more →

Festa do Outono

Novembro 12, 2014
0 Comment

Dende o PACC queremos convidarvos a celebrar connosco a Festa do Outono; unha xornada con actividades pensadas para o desfrute de todos os públicos que, como non podería ser menos, irá acompañada dun dos manxares máis saborosos e con mellor recendo do outono: as castañas asadas. A Festa do Outono dará comezo ás 15.00h, cunha.. read more →

Curioseando na cultura castrexa: a caetra (II)

Novembro 11, 2014
0 Comment

A pesar dos tempos que vivimos, a moeda, chámese euro, peseta ou real, é o medio de pagamento máis común dende que temos memoria. Agora ben, se pensamos na cultura castrexa e no día a día dos habitantes dos castros; como farían para saldar as débedas ou para mercar os novidosos produtos que viñan do.. read more →

Terra de mouros, terra de tesouros. O imaxinario popular na cultura castrexa

Outubro 23, 2014
0 Comment

Os mouros e mouras están presentes na nosa toponimia; de feito, seguro que moitos de nós escoitamos falar algunha vez da Pedra da Moura ou do Forno dos Mouros. Preto das nosas aldeas atopamos penedos, outeiros e fontes, ou incluso castros e mámoas que parecen ser propiedade destes seres míticos. Quen son e por que.. read more →

Curioseando na cultura castrexa: a caetra (I)

Outubro 16, 2014
0 Comment

Espertar a curiosidade, o afán de saber, de aprender e de coñecer cousas novas é un obxectivo que nos propoñemos día a día no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa. A caetra é un deses elementos que chama a atención dos visitantes; nada máis escoitar o seu nome, de seguido comezan a xurdir as preguntas e.. read more →