Axenda de actividades MAIO 2018

Maio 7, 2018
0 Comment

Recibimos o mes de maio cunha atractiva proposta cultural: novas actividades e experiencias coas que buscamos satisfacer os intereses e as inquietudes de todos os que visitades o Parque Arqueolóxico!
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e mailo Día Internacional dos Museos –DIM-, propoñemos para o xoves 17 de maio dúas actividades do máis interesantes:

    • Ás 11.00h Xulio Rodríguez González, director do Museo Arqueolóxico Provincial, impartirá unha conferencia centrada na investigación arqueolóxica na provincia de Ourense.
    • A continuación, ás 12.00 h, o arqueólogo Luis Fco. López González (Terra-Arqueos S.L.) abordará o tema das intervencións arqueolóxicas no castro de San Cibrao de Las, incluíndo unha visita técnica ao propio xacemento.

*Lembrade que, para participar nestas actividades, a inscrición previa é obrigatoria; xa que o aforo é limitado.

Ademais, non nos esquecemos de que estamos no Ano Europeo do Patrimonio Cultural e, en Galicia, maio é o mes dedicado á celebración e posta en valor do noso rico patrimonio arqueolóxico. Por este motivo, as dúas últimas fins de semana do mes, ás 12.30h e 16.30h, teredes ocasión de participar en visitas guiadas temáticas (dirixidas por guías especializados do Parque Arqueolóxico). Estas visitas serán a nosa pequena homenaxe aos primeiros arqueólogos e a todos os investigadores e persoas que traballaron neste xacemento; facendo posible o seu estudo, conservación e divulgación.
Todas as actividades serán gratuítas coa entrada ao Parque.

Máis información no 988 267 285 ou en info@pacc.es.