I Aniversario do PACC

Febreiro 23, 2015
0 Comment

  O domingo 8 de marzo no PACC estamos de aniversario e queremos celebralo con vós! Unha celebración non é tal sen os seus convidados e por iso temos preparado un estupendo programa de actividades para toda a familia; de maneira que todos, maiores e pequenos, desfrutedes deste día de festa. Poderedes visitar a área.. read more →

A cultura castrexa na Idade de Ferro europea

Febreiro 13, 2015
0 Comment

O castro de San Cibrao de Las constitúe un dos mellores exemplos de xacementos arqueolóxicos da Idade do Ferro e aporta un valioso coñecemento para o estudo da cultura castrexa. Cando tratamos sobre ela, tendemos a marcar fronteiras tanto no tempo como no espazo, adoitamos parcelar e crear liñas imaxinarias que separan períodos e diferencian.. read more →

Os tellados sen tella de San Cibrao de Las… e se chove, que chova!

Febreiro 6, 2015
0 Comment

Nas visitas guiadas ao castro de San Cibrao de Las, fostes varios os que nos fixestes as seguintes preguntas: “como serían os teitos das casas? e se os facían de palla ou xesta non lles chovería dentro?”. Pois ben, parécenos que dado o tempo que fai estes días, con tanta choiva e frío, non estaría.. read more →

O Guerreiro de Lansbrica

Febreiro 6, 2015
0 Comment

Por Nabia! Que Bandua nos protexa! A estes e outros deuses pedirían axuda os guerreiros de Lansbrica antes do combate ou nun dos seus rituais. Achégate ao Parque a fin de semana do 21 e 22 de febreiro e descubre o misterioso mundo dos guerreiros castrexos. Ao longo do día haberá actividades para todos os.. read more →

Programación de Xaneiro

Xaneiro 22, 2015
0 Comment

Tellas? Moedas? Autoestradas? Sixillata??? Están tolos estes romanos!!!! A de cousas que se lles tiveron que pasar pola cabeza aos castrexos cando chegaron os romanos con todas as súas modernidades…! Os días 24 e 25, a partir das 11.00h e coa entrada ao Parque, os visitantes que vos acheguedes ao PACC poderedes desfrutar da actividade.. read more →

O Miño e o Barbantiño, artelladores do espazo na contorna de San Cibrao de Las

Xaneiro 19, 2015
0 Comment

Ben sexa pola súa función como arterias de comunicación, como reservas de auga ou como fontes de enerxía, materia prima e alimento; o certo é que as grandes civilizacións e as principais cidades europeas aparecen historicamente ligadas a ríos de significación considerable (Nilo, Éufrates, Támesis, Danubio…). Desta maneira, resulta tan evidente a transcendencia e o.. read more →

O solsticio de inverno e a chegada do Aninovo a San Cibrao de Las

Xaneiro 13, 2015
0 Comment

Agora que xa entrou o 2015 é o momento de comezar a cumprir todos os bos propósitos que nos marcamos para o novo ano. Nestas datas as boas intencións abundan e as expectativas acostuman ser altas; tentamos desprendernos dos lastres e adoitamos poñer a proba a nosa vontade superándonos con novas metas e proxectos. O.. read more →

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa deséxavos Bo Nadal e Próspero Aninovo

Decembro 23, 2014
0 Comment

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa abriu as súas portas ao público o pasado 8 de marzo e, dende aquela, moitos fostes os que nos visitastes. Por este motivo, e aínda que habitualmente aproveitamos o blog para contarvos cousas sobre a cultura castrexa, desta vez queremos empregalo para facer balance dos meses que compartimos convosco… read more →

Nadal 2014

Decembro 12, 2014
0 Comment

O Nadal aproxímase, chegou o tempo de comezar cos preparativos e de facer plans para pasar os días de festa que logo virán. Por iso no PACC temos unha interesante proposta que facervos para empezar con ganas estas datas. O día 20 de Decembro, a partir das 11.00h e coa entrada ao Parque, os visitantes.. read more →

Guerreiros en pedra: símbolos imperecedoiros da cultura castrexa

Decembro 10, 2014
0 Comment

Apreciar unha escultura, sexa cal sexa o seu estilo, non implica necesariamente ter coñecementos sobre técnicas, volumes ou acabados; senón a capacidade de sentir e de entender que estamos ante unha forma de expresión de persoas que viviron nun momento e nun lugar determinado. Así, cando observamos a figura dun guerreiro castrexo, non debemos quedarnos.. read more →