TRABALLO DE LABORATORIO

Novembro 18, 2016
0 Comment

Como xa sabedes por outros post, non todo é darlle ao paletín no castro, senón que tamén nos debemos aos escolares que nos visitan, que son unha parte destacada e protagonista do proxecto de intervención e consolidación arqueolóxica do castro de San Cibrao de Las. E andamos moi satisfeitos da acollida que está tendo a.. read more →

AUGA QUE NON É DE BEBER, DÉIXAA CORRER …

Novembro 17, 2016
0 Comment

A escavación en marcha está deixando ao descuberto numerosas estruturas moi interesantes e especiais, que permiten a definición e a análise da organización do espazo doméstico do poboado de San Cibrao de Las. A que hoxe vos amosamos correspóndese cun complexo sistema de evacuación da auga de choiva moi ben planificado, atopado na zona interior.. read more →

AO CARÓN DA LAREIRA

Novembro 14, 2016
0 Comment

Das distintas dependencias nas que se estrutura as vivendas do castro de San Cibrao de Las destaca o espazo da cociña, neste caso construída con maior coidado e de forma exenta e circular. Na escavación do interior da cociña da área 50 apareceron multitude de restos asociados á manipulación de alimentos como vaixela para cociñar,.. read more →

UNHA CERIMONIA COTIÁ NA ESCAVACIÓN!

Novembro 11, 2016
0 Comment

Polo visto os castrexos tiñan moi claro o proceso da transformación da semente do cereal nun rico alimento. Aprendérono dos seus antepasados, pero mellorárono e optimizárono coa incorporación do muíño circular, que permitiu unha maior produción con menor esforzo. E foi tal o seu éxito, que na escavación arqueolóxica do castro de Las, nuns poucos.. read more →

METAIS PRECIOSOS!

Novembro 9, 2016
0 Comment

Entre os materiais máis senlleiros e de maior interese arqueolóxico en bronce ou ferro aparecidos ata o momento na actual campaña de escavación arqueolóxica do castro de San Cibrao de Las, podemos diferenciar os obxectos ou elementos da vestimenta, e os que entrarían na categoría de ferramenta ou útiles de traballo. Entre os primeiros destacar.. read more →

UNHA VASILLA CASE ENTEIRA!

Novembro 7, 2016
0 Comment

Estes días están sendo moi proveitosos e con moitos e importantes achados, xa que estamos escavando os niveis sobre o chan das diferentes estancias e estruturas da área 50. Na escavación sorprendémonos cada día e danos a posibilidade de vivir unha experiencia arqueolóxica abraiante, como a que sucedeu fai uns días cando, trala retirada dunha.. read more →

NOVOS COLEXIOS!

Novembro 4, 2016
0 Comment

Continúa a divulgación do noso patrimonio a través das visitas escolares á escavación arqueolóxica. É unha ocasión única que permite o achegamento dos rapaces de forma directa ao fascinante mundo da arqueoloxía. Por outra banda, as explicacións dos arqueólogos e a visualización in situ dos materiais e as novas estruturas descubertas, ofrécelles aos rapaces unha.. read more →

SOBRE OS RECENTES ACHADOS

Novembro 3, 2016
0 Comment

Na imaxe pódese observar como o responsable de restauración do equipo, Miguel, debuxa as últimas pezas descubertas na área 50 da escavación. Constitúen unha mestura entre expresión artística e elementos decorativos-construtivos. Trátase dunha escultura antropomorfa en granito e unha decoración en tríscele (hexásceles), recentemente exhumada, ambos os dous para encastrar no muro como elemento decorativo.. read more →

COMEZA A CONSOLIDACIÓN DAS ESTRUTURAS

Outubro 31, 2016
0 Comment

Esta semana comezaron as labores de restauración e consolidación dalghunas estruturas aproveitando o bo tempo de Ourense. Este tipo de traballos soamente pódense realizar en zonas moi concretas, en espazos xa totalmente escavados como por exemplo a rúa que sube dende a rolda inferior á superior. As dúas ou tres fiadas engadidas teñen o obxecto.. read more →

UN EQUIPO, UN OBXECTIVO

Outubro 28, 2016
0 Comment

Hoxe non queremos falarvos sobre estruturas, os novos achados, as tarefas de laboratorio, os escolares ou a restauración…hoxe poñemos o foco nas persoas que traballan na actual campaña arqueolóxica. Moitas delas non se coñecían, pero co paso dos días, o esforzo, o traballo en equipo, a ilusión que produce ver como o choio avanza e.. read more →